lunes, 28 de julio de 2014

Montse Neira: Charla debate en Lugo

Montserrat Neira falaranos da repercusión que ten para moitas mulleres explotadas ter que cargar co estigma de "prostituta" imposto polos voceiros da moral cristiá e, tamén, por críticas maniqueistas e abolicionistas. Así mesmo, relatará a hipocrisía das políticas de rescate estatais, o paternalismo con que son tratadas, a violencia das institucións retratada nas ordenanzas que penan á prostitución con cuantiosas multas económicas e no papel represor da policía que acosa ás prostitutas de barrio mentres custodia as casas de políticos que pernoctan con outras, pero iso si: "de luxo". En definitiva, as consecuencias derivadas dunha vulneración preocupante dos dereitos fundamentais que lle asisten a estas mulleres, non só por exercer este traballo, senón polo mero feito de seren seres humanos.
A palestra terá lugar no Ateneo libertario A Engrenaxe, o 8 de agosto, ás 20:30 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.